Blogia
vgomez

TECNOLOXÍA AO SERVICIO DA COMPOSICIÓN MUSICAL

 

O fundador de Invisible Desing Lab, Kenjiro Matsuo, comparte con algo máis que o nome con Basho Matsuo, considerado un dos máis grandes poetas xaponeses da historia e principal impulsor do haiku como forma poética. Do mesmo xeito que el, Kenjiro está convencido de que a música atópase en todas partes: só hai que saber escoitala.

Unha das súas últimas aventuras foi a construción dunha orquestra robótica xunto ao DJ e produtor de música electrónica Squarepusher, con quen gravou o EP "Music for robots". A banda unicamente ten dous músicos, pero é máis que suficiente: un guitarrista con 78 dedos e que toca dúas guitarras, e un batería con 22 brazos e idéntico número de baquetas. O resultado é que son capaces de executar "notas imposibles para un ser humano, porque necesitaría ter tres ou catro mans".

O asombroso do proxecto é que os robots non quedan recluídos nun estudo de gravación; poden actuar en directo mostrando poses de estrelas do rock. A próxima fronteira, explica Matsuo, é tentar capturar o invisible, os sentimentos humanos, para que interactúen cos músicos robóticos: “Agora mesmo non é posible, pero é algo necesario. Teriamos que conseguir información dos humanos que podamos transferir aos robots”. Desta forma, aclara, expresaría emocións verdadeiras. Talvez haxa que recorrer de novo á poesía para entender o que Matsuo quere expresar, e que xa predixo, como non nun haiku, Jorge Luís Borges.

FONTE: Iván F. Lobo/Xornal El País

0 comentarios