Facebook Twitter Google +1     Admin

A MÁQUINA QUE FAI MÚSICA CON 2000 CANICAS

Publicado: 07/03/2016 08:17 por vgomez en MÚSICA

 

O enxeño do sueco Martin Molin, máis coñecido como Wintergatan, materializouse nunha enorme caixa capaz de xerar música con 2.000 canicas mecánicas. O compositor fabricou a man a máquina cunha infinidade de pezas de madeira, engrenaxes e pancas, que reproduce sons propios de instrumentos como o bombo, o baixo ou o vibráfono.

Wintergatan comezou a construír a caixa no outono de 2014 e xa está a pensar en repetir a fazaña e planea montar outras máquinas con canicas máis pequenas.

Moi logrado!

FONTE: Xornal El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.