Blogia
vgomez

A GRAN EXTIENCIÓN DA ERA DOS DINOSAUROS CHEGOU ATA OS POLOS

A GRAN EXTIENCIÓN DA ERA DOS DINOSAUROS CHEGOU ATA OS POLOS

A gran extinción quedou rexistrada nos fondos mariños da illa Seymour (na imaxe) na península antártica / Vanessa Bowman

Hai uns 66 millóns de anos produciuse unha das grandes extincións que viviu o planeta, a dos dinosauros. Ata aquí todos de acordo. Pero os científicos difiren na causa da gran extinción, a súa velocidade e o seu alcance. Agora, un estudo con miles de fósiles achados na Antártida mostra que a morte foi repentina, masiva e xeneralizada.

E esa gran extinción repentina, masiva e xeneralizada só podería ser causada por un bólido caído do ceo. Esa é a teoría dominante entre os científicos e que agora mesmo está a ser comprobada experimentalmente co estudo do cráter de Chicxulub (México). Ademais dos danos inmediatos, o enorme impacto debeu cambiar o clima da Terra, alterando radicalmente as condicións nas que se desenvolvía a vida.

Moitas especies, como os dinosauros terrestres non souberon adaptarse e desapareceron nuns poucos miles de anos. Foi a gran extinción que pechou o período Cretácico e deu paso ao Paleóxeno, que inicia a era dos mamíferos. As probas da gran extinción son innegables. Por todas partes, desde o golfo de México, ata a actual Dinamarca, o rexistro fósil mostra que fai 66 millóns de anos algo moi grande pasou. Os estratos inmediatamente posteriores a esa época aparecen case baleiros de fósiles. Uns centos de miles de anos máis arriba, a vida fosilizada volve con forza, aínda que xa non están os dinosauros.

Pero hai unha corrente nada despreciable de científicos que, coincidindo na existencia da gran extinción, consideran improbable que un asteroide provocase tal cataclismo. Para eles, foi un cambio climático progresivo e gradual o que creou as condicións para o fin dos dinosauros. Aínda que non todos sinalan que puido iniciar este cambio, moitos apuntan a unha sucesión de grandes erupciones volcánicas na meseta do Decán (India), sucedida tamén fai uns 66 millóns de anos. Tal vulcanismo puido escurecer o ceo e iniciar unha era de arrefriado global.

Agora, un grupo de investigadores británicos estudou que pasou coa vida moi lonxe tanto do golfo de México como da meseta do Decán. Na British Antarctic Survey (BAS), pasaron case unha década escavando, recompilando e analizando o rexistro fósil na illa de Seymour, situada no extremo da península antártica. O que atoparon, como explican en Nature Communications, apoia a tese do impacto e a consecuente extinción repentina, masiva e xeneralizada.

"A nosa investigación mostra basicamente que un día todo ía ben, a Antártida tiña unha próspera e diversa comunidade mariña e, ao seguinte, xa non. Queda claro que un evento catastrófico e repentino ocorreu na Terra", di nunha nota un investigador da Universidade de Leeds (Reino Unido) e principal autor da investigación.

O seu traballo mostra que hai uns 66 millóns de anos a uns estratos ricos en vida sucedéronlle outros case ermos. A investigación céntrase nos animais bentónicos, os que viven no fondo mariño, como os moluscos. Ao ser relativamente abundantes, funcionan como un indicador da saúde do ecosistema. O que atoparon os científicos é que se produciu unha marcada redución, tanto en cantidade como en diversidade, de ambos os grupos. Así, ata o 67% das especies de moluscos desapareceron do rexistro fósil a finais do Cretácico.

FONTE: Miguel A. Criadao/Xornal El país/Ciencia

0 comentarios