Facebook Twitter Google +1     Admin

A ORIXE DA AMIZADE ENTRE CANS E HUMANOS

Publicado: 11/06/2016 06:35 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20160610232619-1802180.jpg

Comunicación entre cans e humanos / Imaxe:www.enbuenasmanos.com

Moitas foron as teorías achega da orixe da domesticación dos cans. Agora, unha nova investigación internacional, liderada por científicos da Universidade de Oxford (Reino Unido) situou de forma paralela a relación entre o ser humano e o can dando a razón as teorías expostas anteriormente, isto é, a orixe da amizade entre cans humanos comezou á vez no leste e oeste de Eurasia a partir de dúas poboacións separadas de lobos.

"As análises xenéticas e arqueolóxicas demostran que é necesario reconsiderar o número de veces que os cans foron domesticados de maneira independente. Talvez a razón pola que aínda non houbo un consenso acerca de onde foron domesticados os cans por primeira vez é porque todo o mundo tivo algo de razón", explicou un dos autores do traballo.

Para chegar a esta conclusión, os expertos compararon datos xenéticos de fósiles, reconstruíndo a historia evolutiva dos cans secuenciando o xenoma dun can de tamaño medio duns 4.800 anos de antigüidade, cuxos restos foron achados na pasaxe funeraria de Newgrange en Irlanda, e comparándoo con ADN mitocondrial de 59 cans antigos que viviron entre 14.000 e 3.000 anos xunto á firma xenética de máis de 2.500 cans modernos, descubrindo que os cans se domesticaron dúas veces e non unha como se pensaba ata agora. A orixe de ámbalas domesticacións, antes da chegada da agricultura, procedería de dúas poboacións separadas de lobos, xa extintas.

"Así obtivemos a evidencia xenética e arqueolóxica de que os cans foron domesticados en realidade dúas veces. Os cans foron domesticados en ambos os lados do Vello Mundo. Daquela a poboación do leste dispersouse xunto aos humanos cara ao oeste fai entre 14.000 e 6.400 anos,e dalgunha maneira substituíu aos cans que xa vivían en Europa", aclara o investigador.

Desta forma, os primeiros cans xurdirían en Europa hai máis de 15.000 anos e á súa vez en Asia oriental, hai máis de 12.500 anos.

O estudo foi publicado na revista Science.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.