Blogia
vgomez

A QUENLLA DE GROENLANDIA: UN ANIMAL MOI LONXEVO

A QUENLLA DE GROENLANDIA: UN ANIMAL MOI LONXEVO

Quenlla de Groenlandia / Imaxe:24sata.hr

Naceu antes de que Velázquez pintase As Meninas e posiblemente seguiría viva se non a pescasen por accidente. Uns científicos sacáronlle os ollos e enviáronos a un laboratorio en Aarhus ( Dinamarca). Fixeron o mesmo con outras quenllas cazadas por accidente e da mesma especie, Somniosus microcephalus ou quenlla de Groenlandia, dentro dun proxecto científico desenvolvido entre 2010 e 2013.

Este escualo é o maior peixe do océano Ártico e un dos menos coñecidos. Non ten depredadores naturais e chega a superar os cinco metros de longo, máis ou menos o mesmo que unha quenlla branca. As femias son sempre maiores que os machos e crecen a un ritmo lentísimo, apenas un centímetro por ano. Algúns científicos suxeriran que estes animais poderían vivir 200 anos ou máis, pero ata agora ninguén o podía demostrar.

O misterio púidose resolver en parte polas bombas atómicas detonadas durante a Guerra Fría. As partículas radioactivas das explosións estendéronse por todos os océanos e acumuláronse nos organismos que estaban vivos por entón. Os investigadores analizaron as células do cristalino de 28 quenllas femia, todas pescadas de forma accidental. Usaron as marcas da bomba como referencia para saber cantas naceron antes de mediados dos anos 50 e logo aplicaron a datación de carbono para estimar a idade total.

Os resultados, publicados na revista Science, apuntan a que estas quenllas viven polo menos 272 anos. Ás máis grande do grupo analizado, de 5 metros de lonxitude, calcúlaselle unha idade de 392 anos, todo un récord que converte a esta especie no vertebrado máis lonxevo da Terra.

Vivir tantos anos sen desenvolver cancro ou outras enfermidades é un reto que só un puñado de especies é capaz de superar. O crecemento retardado é unha das formas de logralo. Segundo o traballo, estes peixes non alcanzan a madurez sexual ata os 150 anos, é dicir, que a tiburona máis veterana do grupo alcanzou a idade adulta na época da Revolución Francesa.

Non é casualidade que todo isto suceda nas xélidas augas do Ártico. En leste mesmo océano vive o animal máis lonxevo do mundo, a ameixa de Islandia, que supera os cinco séculos de vida. E en 2007 un arpón do século XIX arrincado da pel doutro dos seus habitantes, a balea boreal, demostrou que tiña 211 anos, o que lle converteu no mamífero máis lonxevo da Terra.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

 

0 comentarios