Facebook Twitter Google +1     Admin
20160926153603-nasa-primer-contacto-extraterrestre.jpg

 

A humanidade debería ser cautelosa na procura de contacto con civilizacións alieníxenas, volveu a advertir o físico teórico Stephen Hawking nun documental.

En 2010, o científico planteaba que, de existir, os extraterrestres intelixentes poderían ser saqueadores que buscan polo cosmos fontes que explotar e planetas que conquistar e colonizar. Agora, volve expresar os seus receos en «Stephen Hawking’s Favourite Places», un novo documental (disponible un avance premendo AQUÍ).

«Un día, poderiamos recibir un sinal dun planeta nesas circunstancias -afirma Hawking no documental, en referencia ao mundo potencialmente habitable coñecido como Gliese 832c-, pero deberiamos ser cautelosos en responder. Atopar unha civilización avanzada podería ser como cando os nativos americanos atopáronse con Colón. Aquilo non lles saíu nada ben».

As reflexións de Hawking sobre os extraterrestres forman parte dun documental de 26 minutos que mostra ao científico describindo o Cosmos a bordo dunha nave espacial imaxinaria chamada SS Hawking, coa que realiza cinco paradas diferentes.

Hawking observa o Big Bang que creou o Universo, visita un buraco negro monstruoso no centro da Vía Láctea, viaxa a Gliese 832c e orbita Saturno. A súa viaxe termina en Santa Bárbara (California), que o famoso científico chama o seu fogar cando está fóra de casa, en recordo da súa etapa no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech).

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.