Blogia
vgomez

O AZUCRE E A SAÚDE

O AZUCRE E A SAÚDE

O azucre nos refrescos / Imaxe:buhomag.com

O azucre é un saborizante utilizado para mellorar a aceptación de certos alimentos como o iogur, o café, o chocolate ou mesmo algunhas froitas acedas. Pero a sociedade de consumo converteuno nunha das grandes ameazas para a saúde pública, tal e como revelou a Organización Mundial da Saúde (OMS). Javier Aranceta, médico e presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) responde a algunhas cuestións prácticas sobre este hidrato de carbono.

Canto azucre podemos consumir diariamente de forma segura?

A recomendación da OMS é non superar os 25 gramos de azucres engadidos, pero iso non inclúe os azucres (fructosa, por exemplo) presentes de forma natural en alimentos non procesados como a froita ou a verdura. Unha cucharita de café chea ten catro ou cinco gramos e unha sopeira entre 12 e 15 gramos. Un lata dunha coñecida marca de refrescos de cola ten 35 gramos, 10 máis do recomendado pola OMS.

Por que as bebidas azucradas e non a bolería industrial?

Os azucres presentes noutro tipo de produtos tamén están contemplados no informe da OMS, do mesmo xeito que tamén o están as graxas insaturadas ou o sal. O problema das bebidas azucradas e os refrescos é que a súa presentación líquida fainos menos conscientes de estar a inxerir un elevado contido de azucres.

Os zumes de froitas envasados son prexudiciais?

Depende. Os zumes naturais e aqueles que son 100% zume de froita espremida sen máis ingredientes non conteñen os chamados azucres libres. E non contabilizan no sumatorio dos 25 gramos diarios que a OMS marca como límite. É importante fixarse en que a etiquetaxe poña «sen azucres engadidos», porque en ocasións estes inclúense baixo os enunciado «azucres naturais» e á fin e ao cabo todos os azucres son naturais.

Hai diferenzas entre uns azucres e outros?

É unha crenza habitual pensar que os azucres morenos, de cana, panelas, mascabos, etcétera son menos prexudiciais, ou máis sans, para a saúde que os refinados ou brancos. Pero desde o punto de vista ao que se refire a OMS todos os azucres están ao mesmo nivel. Todos achegan 4 kilocalorías por gramo. Aínda que os azucres menos refinados teñen un pequeno valor engadido por conter elementos traza, como algunhas vitaminas ou minerais.

Como podemos reducir o consumo de azucre?

Lendo as etiquetas dos produtos que compramos e tratando de consumir alimentos cociñados en casa cuxo achegue de azucre podamos controlar. Os expertos sinalan que é importante fixarse na cantidade que indica o cadro de valor nutricional onde di: «hidratos de carbono, dos cales azucres», e fixarse no valor total, non na porcentaxe por cada 100 gramos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios