Blogia
vgomez

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Cambio de hora / Imaxe:es.paperblog.com

Na madrugada desta noite, xa domingo, cambiamos a hora. Os reloxos atrásanse unha hora, de modo que ás 3:00 volverán ser as 2:00.

O cambio horario obedece a unha directiva europea, 2000/84/CE, que afecta a todos os Estados membros da Unión e ten como obxectivo aproveitar mellor as horas de luz solar e, grazas a iso, consumir menos electricidade en iluminación.

Segundo estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o potencial de aforro en iluminación en España polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

Quen queira, poderá durmir unha hora máis!

0 comentarios