Facebook Twitter Google +1     Admin

SUPERLÚA

Publicado: 14/11/2016 07:34 por vgomez en CURIOSIDADES
20161114073120-0-a4msv0gq.jpg

Superlúa / Imaxe: Xornal El Mundo

Hoxe, poderemos ver a lúa un 14% máis grande e 30 % máis luminosa que unha media lúa corrente.

A orixe desta rareza explícase grazas á órbita elíptica da lúa. O noso satélite atoparase moi preto do punto da súa órbita máis próximo á Terra, 48.280 km máis preto que cando se atopa no punto máis afastado, chamado apoxeo.

Desta forma, o noso satélite está moito máis preto da Terra que habitualmente e recibe luz solar directamente que reflicte e fai que se vexa máis brillante e máis grande no noso ceo. Isto coñécese como Superlúa, ou máis tecnicamente, Lúa de perigeo.

Con todo, as superlúas son relativamente frecuentes. A última tivo lugar o pasado 16 de outubro e despois da gran superlúa deste 14 de hoxeo, teremos outra o próximo 14 de decembro. Pero a atención recae na de hoxe xa que se completará en aproximadamente dúas horas, o que alimentará a sensación de vela con maior tamaño.

Este  evento que non se repetía desde xaneiro de 1948, non volverá estar tan preto da Terra ata o 25 de novembro de 2034.

Lamentablemente o pico da súa fase completa será ás 13:52 horas en España, en pleno día. Iso si, á noite, podernos vela, un chisco máis lonxe da Terra.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.