Facebook Twitter Google +1     Admin
20161129173116-625238.jpeg

Bioplásticos / Interempresas

Grazas á manipulación dunha bacteria depredadora coñecida como Bdellovibrio bacteriovorus, un equipo de científicas delCentro de Investigacións Biolóxicas de Madrid (CIB-CSIC) logrou desenvolver un sistema de produción de bioplásticos PHA (polihidroxialcanoatos), poliésteres de reserva producidos naturalmente por moitas especies de bacterias en resposta a situacións de tensións e considerados como unha alternativa aos plásticos derivados do petróleo.

Así pois, para abaratar e mellorar o proceso, o equipo de investigación escolleu a bacteria para redeseñala xeneticamente e transformala nunha ferramenta que permitise romper as membranas de cepas produtoras de bioplásticos. Desta maneira, o bioplástico contido en bacterias que o producen e acumulan ata nun 90% do seu peso.

O estudo, publicado na revista Nature tivo como obxectivo a obtención de produtos de interese de maneira sustentable, como é o caso do bioplástico, e outros compostos como encimas ou proteínas que se acumularon na bacteria. "unha alternativa moi interesante e onde hai moito diñeiro en xogo", afirma a investigadora.

Este método de extracción, pioneiro en todo o mundo e recentemente patentado, espera usarse de forma comercial para a produción de bioplástico ou calquera composto intracelular de interese. "É un proceso innovador porque é a primeira vez que se utiliza unha estratexia de bacteria depredadora como método alternativo para facilitar a recuperación de produtos intracelulares de interese industrial", conclúe a autora.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.