Facebook Twitter Google +1     Admin

A ORQUESTRA DA RECICLAXE

Publicado: 22/12/2016 09:32 por vgomez en MÚSICA

 

Cateura é un asentamento situado sobre un enorme vertedoiro de Asunción (Paraguai). Alí chegou hai unha década Favio Chávez, músico e técnico ambiental paraguaio, coa misión de dar aos nenos da comunidade unha alternativa. "Atopeime cunha vulnerabilidade e unha escaseza que eran adversas a todo. Ante tal abandono era imposible non sentirse tocado e quedar cos brazos cruzados", lembra. Alí viu a nenos que recollían refugallos para gañarse un mísero soldo. A nenos vivindo en condicións insalubres, moitos deles ao bordo da exclusión social. Chávez decidiu entón actuar por medio do instrumento que mellor coñecía e que sempre lle serviu para "conectarse coa xente": a música.

A escaseza de medios condicionaba o proxecto, conta o director. "Non podiamos encargar a un neno un violín que valía máis que a súa casa", explica. "Pareceunos innecesario darlles unha responsabilidade que superase as súas realidades". A idea veu por si soa, aburada pola necesidade. Utilizaron o material que alagaba o asentamento: lixo. Colleron latas, garfos, bandexas, madeiras, plásticos. Transformáronos con esmero en máxicas criaturas sonoras. O resultado foi uns instrumentos con vida propia que ao principio asombraron aos nenos e logo namoráronlles. Con eles iniciáronse na linguaxe musical e asimilaron, aos poucos, a disciplina e solidariedade necesaria para ser un conxunto. "Aprenderon a convivir entre eles e a ser responsables e respectuosos", di Chávez. Anos despois eses instrumentos fantásticos darían nome e fama mundial á orquestra que xa se empezaba a xestar.

O primeiro concerto da orquestra tivo lugar en Asunción, a capital do seu país natal, cando actuaron contratados por unha pequena empresa local. Desde entón, ao longo dunha década, viaxaron por todo o planeta: tocaron en Roma e Milán para a UNESCO, telonearon en Paraguai ao lendario grupo Metallica e levaron a súa música a lugares tan dispares como Palestina, Xapón,  Abu Dhabi e como non Madrid.

Por certo no mes de xaneiro estarán o día 2 en S. Sebastián e o 4 en Madrid.

Un traballo extraordinario!

FONTE: ecoembes.com

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next