Blogia
vgomez

ESTRATEXIA DO GECKOS

ESTRATEXIA DO GECKOS

 

Os geckos ou salamanquesas son pequenos lagartos rápidos e áxiles, pero algunhas especies contan ademais con outra característica que lles axuda a escapar dos seus depredadores. Os seus corpos están recubertos por unhas escamas, parecidas ás dos peixes, que se desprenden con facilidade cando senten ameazados, dándolles certa vantaxe para fuxir.

Coñécense varios geckos con este tipo de escamas sobre a súa pel, aínda que no norte de Madagascar un equipo de biólogos atopou ao mestre nesta estratexia de escape: unha nova especie que non só conta coas escamas máis grandes que viron nestes lagartos. Tamén se rexeneran máis rápido do que se consideraba habitual nestes animais.

Tras estudar en profundidade este réptil e pasalo polo escáner, un equipo alemán publica esta semana na revista Peer J os detalles da morfoloxía de Geckolepis megalepis, como foi bautizado.

Esta salamanquesa mide uns sete centímetros de lonxitude, aínda que a súa cola alcanza os oito centímetros. Aliméntase de insectos e outros artrópodos. Os seus hábitos nocturnos e as características do seu hábitat (vive nunhas formacións cársticas chamadas tsingys, con cavernas e fisuras formadas en pedra calcaria), propiciaran que pasase desapercibido. Os biólogos observaron, ademais, que o gran tamaño dos seus escamas axuda a que se desprendan máis rápido, pois están unidas ao seu corpo dunha forma moi sutil. Segundo cren, as escamas grandes caen antes que as de menor tamaño.
Baixo as escamas teñen unha especie de segunda pel que tamén se perde durante ese proceso. A habilidade dos geckos con escamas para escapar dos seus depredadores supuxo un gran reto para os científicos que tentaron investigalos, pois sempre tiveron moitas dificultades para poder cazalos e estudalos sen que perdesen toda a súa pel. Os primeiros que estudaron a estes huidizos réptiles tiveron que recorrer ao algodón para atrapalos sen apenas tocalos. Agora usan bolsas de plástico, pero igualmente resulta moi difícil que non se desprendan dos seus escamas. Clasificalos tamén resulta complicado. De feito, aínda que ata hai poucos anos pensaban que só había tres ou catro especies, o seu estudo revelou que hai unhas 13 liñaxes xenéticos claramente diferenciados.
As escamas que se desprenden da pel son un exemplo das numerosas estratexias de camuflaxe e fuxida que a natureza ofrece aos réptiles. Por exemplo, a moitos lagartos cáeselles a cola cando son atrapados. As súas cores tamén lles axudan a camuflarse en distintas contornas, ben para sorprender ás súas presas ou para evitar converterse na dun depredador.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

0 comentarios