Blogia
vgomez

AULAS SEN PUPITRES

 


As novas tecnoloxías colonizaron case todos os aspectos da nosa vida cotiá. Alá onde miremos hai un computador, unha aplicación ou un robot destinado a facernos a vida máis sinxela. Con todo, inexplicamente, o ámbito da educación foi un dos últimos en incorporarse a esta revolución. Hai intentos, probas, experiencias e moitas, moitísimas teorías, acerca das vantaxes que a tecnoloxía pode levar ás aulas, pero poucos exemplos prácticos. Esta ausencia resulta aínda máis clamorosa ao tratarse, precisamente, de formar a xeracións que, de forma nativa, xa se relacionan con pantallas e softwares de todo tipo. Talvez sexa a esixencia de investimentos ambiciosos ou a falta de visión dos responsables educativos o que estea a frear unha evolución que, aínda que non ao ritmo que debería, antóllase inevitable.

Mentres o momento da xeneralización chega, algunhas institucións e centros educativos, tanto desde o ámbito público como privado, están a aplicar solucións tecnolóxicas nas súas aulas que sinalan a dirección de cara a onde irán as tendencias no futuro. Un destes centros é o IE Business School de Madrid: a prestixiosa escola de negocios leva varios anos tratando de implementar solucións efectivas para poder facer das clases online un recurso eficaz tanto para profesores como para alumnos. E a resposta que atopou chámase WoW Room, un nome que, aínda que fai referencia a "Window on the World", parece a onomatopeya do asombro que causa a visión do videowall de 45 metros cadrados coas súas 48 pantallas de 55 polgadas que sustenta a plataforma. Nesta especie de aula virtual, o único que está presente na habitación é o profesor (e non sempre, posto que pode ser substituído por unha imaxe holográfica), mentres que os alumnos seguen a clase desde calquera lugar do mundo. Profesor e alumnos comunícanse a través do vídeo, á vez que comparten información ou elaboran documentos en conxunto.

Pero a verdadeira achega de WoW Room non son as súas humillantes pantallas, senón o nivel de interactuación que pode conseguirse entre quen imparte a clase e quen a recibe. O software creado especificamente para a plataforma indica ao profesor, por exemplo, se algún dos alumnos non está a prestar atención: "Un algoritmo pode indicar, pola contracción dos músculos faciais, que emocións estás a sentir en cada momento. Isto pode ser usado durante a clase, pero tamén despois. O profesor pode ver un vídeo e debaixo os gráficos das seis emociones básicas e do nivel de atención dos alumnos". A WoW Room foi inaugurada hai só uns meses e o seu impacto está a ser aínda avaliado polo IE, aínda que as perspectivas son moi prometedoras. Eles confían en que as novas tecnoloxías abrirán outras posibilidades na educación que leven ao que, cre, tería que ser o seu verdadeiro obxectivo: "as universidades non só deberían axudar a desenvolver mellores profesionais, senón mellores persoas e máis felices".
 
FONTE: José L. Álvarez Cedena(Xornal El País

0 comentarios