UNHA RA FLUORESCENTE

Publicado: 16/03/2017 07:54 por vgomez en CURIOSIDADES

Ejemplar de ’Hypsiboas punctatus’ a la luz natural.

Exemplar de "Hypsiboas punctatus" á luz natural / J. Faivovich e C Taboada / MACN

A ra punteada (Hypsiboas punctatus) é un anfibio arbóreo que vive nos bosques tropicais de América do Sur. A súa principal característica ata agora era o punteo sobre unha pel case translúcida que vai do amarelo ao avermellado. Pero un grupo de investigadores arxentinos e brasileiros descubriron algo que a fai aínda máis especial: é fluorescente e cren que usan estes pulsos de luz para comunicarse.

A fluorescencia é un fenómeno físico polo que un corpo que recibe luz a unha determinada lonxitude de onda, devólvea a outra lonxitude de onda maior. Na natureza hai peixes, tartarugas, escorpións e ata papagaios fluorescentes. Pero iste sería o primeiro caso detectado entre as máis de 7.600 especies de anfibios. A H. punctatus absorbe luz na franxa ultravioleta do espectro electromagnético e emítea na rexión azul a verde.

Os investigadores capturaron varios exemplares de ra punteada nos arredores de Santa Fe (Arxentina) e estudáronas xunto a outros de especies emparentados. Baixo a luz ultravioleta, só a H. punctatus iluminábase. O seguinte foi pescudar como o fai.

Os autores da investigación, publicada na revista PNAS, estudaron as ras capa a capa, desde a parte máis exterior da súa pel transparente. Viron que a fonte da luz non estaba nos cromatóforos, células pigmentarias que reflicten a luz e que son os responsables das súas vivas cores e da biofluorescencia noutros animais.

Nesta ocasión, o proceso químico que ilumina a esta ra atópase nunhas moléculas presentes no líquido linfático coa fórmula química C22H31NO4 e que os investigadores denominaron Hyloin-L1. Tamén acharon outras dúas moléculas secundarias nas secreciones glandulares que interveñen na súa intensa fluorescencia verde.

O seguinte que fixeron os investigadores foi medir a intensidade da luz extra emitida polas ras. "Os nosos cálculos mostran que a fluorescencia achega desde o 18,5% da luz nas noites de lúa chea ata o 29,6% durante o crepúsculo", escriben os autores do estudo.

Aínda que a fluorescencia noutros animais cumpren variadas funcións, nas ras aínda está por determinar. Con todo, os investigadores cren que lles axuda a desenvolverse durante a noite, comunicarse e, quizá, atopar parella.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.