Facebook Twitter Google +1     Admin

ALBERT EINSTEIN XIII (FIN)

Publicado: 16/04/2017 08:12 por vgomez en CURIOSIDADES
20170412100150-cerebro-de-einstein.jpg

 O cerebro de Einstein era único / Imaxe:Peru21

A contestación á pregunta do día anterior é O SEU CORPO FOI INCINERADO, SALVO O SEU CEREBRO, QUE FOI EXTRAÍDO E CONSERVADO PARA O SEU ESTUDO.

Albert Einstein morreu o 18 de abril de 1955 á idade de 75 anos. Polo seu expreso desexo, o seu corpo foi incinerado e as súas cinzas foron esparexidas no río Delaware. Con todo, non todo o corpo foi queimado. Durante a autopsia, o médico do hospital Thomas Stoltz Harvey decidiu extraer sen permiso da familia, o cerebro de Einstein para conservalo e descubrir "os segredos da súa xenialidade". Actualmente consérvase no Departamento de Anatomía da Universidade de Kansas.

Aquí rematamos esta serie de artigos que, espero, servisen para coñecer un chisco mellor a iste xenio da ciencia.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.