Blogia
vgomez

XEOPARQUE "LAS LORAS"

 

O pasado día 5, o Consello Executivo da UNESCO homologou 8 novos xeoparques que pasar a ser Xeoparques Mundiais da UNESCO.

Un deles está en España e chamase “Las Loras”. Está situado na parte setentrional da Comunidade Autónoma de Castela e León, abarcando un territorio de altas parameiras ou mesetas calcarias (“loras”) que se caracterizan pola presenza de pliegues montañosos separados por espectaculares canóns fluviais. Desde as alturas domínase unha admirable paisaxe de fortalezas naturais, utilizadas ao longo da historia como refuxios protectores polas poboacións de diferentes culturas que se asentaron sucesivamente na zona. O sitio conta con grutas, farallones de calcaria e paisaxes cársticos que se asemellan a ruínas, así como cun sinnúmero de fervenzas. Os pequenos pobos da rexión áchanse en bo estado de conservación e posúen fermosas igrexas románicas, ermidas rupestres e casas de típica arquitectura popular.

Os Xeoparques Mundiais da UNESCO son sitios de rica diversidade xeolóxica nos que se promove o patrimonio natural con vistas a fomentar o desenvolvemento sustentable das rexións onde están situados. Os xeoparques contribúen á observación do cambio climático e dos riscos de desastres naturais, así como á sensibilización do público a estes fenómenos e, en moitos casos, a que as comunidades locais elaboren estratexias para atenuar os seus efectos.

Coa adición deste oito novos xeoparques , a rede mundial de xeoparques da UNESCO conta actualmente con 127 en 35 países.

FONTE: es.unesco.org

0 comentarios