El ave atrapada en ámbar

  A ave atrapada en ámbar / Lida Xing, Jingmai K. O’Connor, Ryan C. McKellar, Luis M. Chiappe, Kuowei Tseng, Gang Li, Ming Bai

Non é tan estraño atopar pezas de ámbar que conteñen insectos de fai millóns de anos, pero un paxaro enteiro é todo un prodixio. Iso é o que descubriu un grupo de científicos nun anaco de ámbar de 100 millóns de anos de antigüidade recuperado en Myanmar. Dentro había un paxaro recentemente saído do ovo que quedou atrapado na savia que brotaba dunha árbore. Na mostra poden contemplarse a cabeza, o pescozo, a á, a cola e as patas da ave cun detalle que os científicos consideran impresionante.

Parece coma se a pel e a carne reais do paxaro estivesen aínda preservados no ámbar, pero en realidade trátase dunha impresión moi detallada. Estudos de achados similares mostran que a carne degradouuse en carbono, e non hai ADN utilizable. O ámbar conserva algunhas das cores das plumas, pero neste caso non son moi rechamantes.

O exemplar pertencía a un grupo de paxaros coñecidos como enantiornites ou "paxaros opostos", que vivían xunto aos antepasados das aves modernas e que prosperaron ata que morreron cos dinosauros fai 66 millóns de anos.

O novo achado súmase a evidencias anteriores da súa capacidade para o voo, xa que a cría tiña un conxunto completo de plumas para o voo e estábanlle medrando as plumas da cola, pero extrañamente carecía de plumas na maior parte do corpo en lugar de estar cuberto como as crías de hoxe.

Probablemente, estes paxaros nacían no chan e subían ás árbores, o que os facía particularmente propensos a quedar atrapados na savia, dise no estudo, publicado en Newwind.

O pasado ano, un equipo de investigadores da Universidade de Geociencias de China en Pequín anunciaba o achado, tamén en Myanmar, de dúas pequenas ás atrapadas en ámbar de fai 99 millóns de anos, en metade do período Cretácico, cando os dinosauros aínda camiñaban sobre o planeta. O achado das mostras, que contiñan ósos, plumas e pel, demostraba que as plumas das aves xa se parecían moito ás actuais.

FONTE: Xornal abc/ciencia


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.