Blogia
vgomez

QUE É O FIPRONIL?

QUE É O FIPRONIL?

Ovos / Imaxe: elsitioavicola.com

Nos últimos días en boca de todos está a palabra FIPRONIL. Á orixe sería o escándalo da empresa holandesa Chick Friends e a belga Poultry Vision, que utilizarían ilegalmente fipronil en varias granxas produtoras de ovos.

O fipronil é un insecticida autorizado, entre outras cousas, para actuar contra ácaros, pulgas, garrapatas e outros insectos en mascotas. Está expresamente prohibido o seu uso en animais destinados á cadea alimentaria, como as galiñas e os pitos xa que está clasificado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como "moderadamente tóxico" para os humanos.

O produto ten a capacidade para acumularse no tecido adiposo, na graxa, polo que os restos desta fumigación poden chegar á xema dos ovos. Estudos en animais mostraron que, en grandes cantidades, o fipronil pode xerar danos nos riles, o fígado ou o tiroides. Con todo, desde que se desatou o escándalo, varios expertos en seguridade alimentaria aclararon que, coa cantidade presente nos ovos detectados, para que o produto supoña un risco para a saúde sería necesaria unha inxesta elevada e prolongada do mesmo e lembran que o fipronil non se administrou directamente aos ovos, senón que se asperxeu sobre as galiñas para eliminar os ácaros.

FONTE: Cristina G. Lucio/Xornal El Mundo

0 comentarios