20171002173538-450-1000.jpg

Hall, Rosbash e Young, gañadores do Nobel de Medicina 2017 / Imaxe: xataka.com

Os científicos estadounidenses Jeffrey C. Hall (Nova York, 1945) , Michael Rosbash (Kansas City, 1944) e Michael W. Young (Miami, 1949) gañaron hoxe o premio Nobel de Medicina de 2017, "polos seus descubrimentos dos mecanismos moleculares que controlan o ritmo circadiano", segundo o xurado do Instituto Karolinska de Estocolmo, responsable do galardón.

Usando de modelo moscas da froita, illaron un xene que controla o ritmo biolóxico diario e codifica unha proteína que se acumula nas células de noite e degrádase de día, ademais de identificar outros compoñentes que afectan o seu "reloxo autosuficiente interno".

Este reloxo interior está implicado na regulación do soño, na liberación de hormonas, no comportamento alimentario e mesmo na presión sanguínea e a temperatura corporal.

Parabéns!