Blogia
vgomez

RECOPILATORIO DO ANO: IMAXES DA NATUREZA

  

Seguimos cos recopiltarios do ano que está a piques de rematar, neste caso de imaxes graciosas da natureza.

Un paxariño que escorrega, unha tartaruga que lle pega unha labazada a un peixe, un lirón que ri entre flores... Poida que esceas como estas sucedan de forma habitual na natureza, pero o normal é que non haxa ninguén para inmortalizarlas. Os premios The Comedy Wildlife (A Comedia na Vida Salvaxe) premian aos fotógrafos que capturan ese tipo de momentos. Participaron máis de 3.500 fotografías.

De todas elas, persoalmente, a que más me gustou é a que podedes ver na parte superior, titulada "En tres golpes": "O golf é un xogo frustrante. Se algunha vez xogaches, seguro que che deron ganas de facer isto", di o estadounidense Douglas Croft sobre a foto que fixo a un raposo en San Xosé, California.

Se queres ver o resto de fotografías só tes que premer AQUÍ.

FONTE: Verne/Xornal El País

0 comentarios