20180109122031-300px-batedor-minipimer.jpg
 

Minipimer de Gabriel Lluelles / Imaxe: wikipedia.org

Vale, poida que na túa familia xubilasen esta batidora de man hai moitos anos. Pero todas as que hoxe existen descenden desta, un invento patentado en 1961 polo enxeñeiro barcelonés Gabriel Lluelles Rabadà (1923-2012) e comercializado en principio pola empresa española Pimer.

Contan que Dieter Rams (Alemania-1932), o mestre do funcionalismo que cambiou o deseño do século XX, reuniuse persoalmente con Lluelles e confesoulle a súa admiración por esta ferramenta tecnolóxica que presentaba partes desmontables e unha alta manexabilidade. Pouco despois Braun comprou Pimer e seguiu producindo batidoras de man a partir do deseño orixinal de Lluelles, que son as que hoxe existen en millóns de fogares en todo o mundo.

FONTE: Carlos Primo/IconDesign/El País