Blogia
vgomez

A ONDA MÁOS GRANDE ATA AGORA VISTA

 

O surfeiro portugués Hugo Vau (Azores, 36 anos) cabalgou sobre a big mamma, unha onda xigante de 35 metros de altura, e viviu para contalo.

De novembro a marzo, na vila de Nazaré, a 120 quilómetros ao norte de Lisboa, concéntranse os surfeiros buscando ondas; pero non son uns surfeiros calquera, deses que bailan e cabriolean sobre os seus lombos. Os surfeiros de Nazaré son distintos, fisicamente máis fortes, tamén de maior idade. O seu obxectivo é aguantar de pé sobre unha onda xigante, e o lugar do mundo coas ondas máis descomunais chámase Nazaré, máis concretamente, a Praia Norte. Grazas a unha particularidade natural, un canón de rocha subterráneo, as correntes potencian a forza e o tamaño das súas ondas; mentres na veciña Praia Sur a calma é total, a Praia Norte é o inferno.

Un americano, Garret McNamara, puxo a Nazaré no mapa do mundo, cando aquí mesmo conseguiu cabalgar na montaña de auga máis alta ata entón, 30 metros. McNamara (50 anos).

0 comentarios