Trátase dunha versión doutra ilusión óptica clásica, descuberta por F. C. Muller-Lyer en 1889. O segmento que ten as puntas de frecha cara a fóra parece máis longo que o que ten as puntas cara a dentro, a pesar de que ambos miden o mesmo. A nosa atención vese atraída pola área que está entre as puntas de frecha, causando esta impresión de cambio de lonxitude. A ilusión mantense aínda que saibamos o que de verdade ocorre e mesmo en movemento, como se ve na versión radial en dorma de gifda creada polo artista visual italiano Gianni A. Sarcone.

 

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Verne/Xornal El País