Patricia Ramírez é psicóloga do deporte e da saúde e máster en Psicoloxía clínica e da saúde. Foi nomeada a psicóloga máis influente de España nas redes sociais. É autora de sete libros, nos que aborda temas como a adolescencia, a comunicación entre pais e fillos ou a convivencia na familia, e entre os que destacan, "Conta contigo", "Por que eles soñan con ser futbolistas e elas princesas" ou o recentemente publicado "Se saíses a vivir…". Tamén traballou con deportistas de elite, adestradores e futbolistas de equipos como o Real Betis Balompé, RCD Mallorca e CB Selecta. Ademais, esta psicóloga é colaboradora habitual en medios de comunicación e congresos educativos nos que resalta a importancia de "Educar no esforzo, o respecto e a convivencia". Patricia Ramirez ofrécenos claves para resolver problemas de comunicación entre pais e fillos e dános consellos moi útiles para saber xestionar situacións difíciles na adolescencia.