Hora Planeta _DestaqueSite

A hora do planeta / Imaxe: infocul.pt

A Hora do Planeta naceu hai 11 anos, en Sidney, como xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Apagar as luces de fogares, edificios e monumentos emblemáticos durante unha hora foi a sinxela acción que despois articularía un crecente movemento mundial polo Planeta.

O pasado ano participaron miles de cidades de 187 países do mundo que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios icónicos, unindo a cidadáns, empresas, concellos e institucións para, entre todos, “cambiar o cambio climático”. 

En 2018, a Hora do Planeta pide unha vez máis a unión de todos, individuos, concellos, empresas e organizacións, para que apaguen a luz porque hai moitas razóns para facelo. #EuApagoPor un Planeta Vivo, E ti, por que apagas?

O noso Concello  súmase co lema "O planeta primeiro, que ninguén te pare" apagando o alumeadoel da Praza do Reló e das rúas Vicente Sobrino e Brasilino Álvarez de 20:30 a 21.30 horas.

Sumate, ti tamén!

FONTE: horadelplaneta.es e xornal Faro de Vigo