Blogia
vgomez

STEVE: A AURORA BOREAL PÚRPURA

 

Steve é unha aurora boreal púrpura descuberta por afeccionados, tal e como se explica nun estudo publicado na revista Science Advances. Nel, descríbese o fenómeno como unha "brillante cinta de luz púrpura que corre de leste a oeste no ceo nocturno recentemente observada por científicos cidadáns".

O que diferencia a Steve doutras auroras é a súa cor e a súa morfoloxía. "As auroras preséntanse a nivel global en forma ovalada, nas últimas horas do día e ven principalmente en cores verdes, azuis e vermellos", sostén a NASA na súa web. A orixe destes fenómenos atópase nas partículas cargadas que viaxan co vento solar. Ao chocar contra os átomos e as moléculas atmosféricas, excitan aos electróns que os rodean. Como os electróns tenden a regresar ao seu estado normal, liberan a enerxía emitindo luces de cores. O osíxeno emite a luz verde, o hidróxeno a azul e o nitróxeno a rosácea.

A axencia espacial estadounidense define a aurora como "unha liña cun principio e un final" Pero Steve ten a particularidade de aparecer en latitudes baixas ou na zona subauroral. Por iso, adoita verse no sur de Canadá.

FONTE: Isabel Rubio/Xornal El País/Ciencia

0 comentarios