David Bueno é un científico rodeado de preguntas: Como aprendemos? Como pensa un adolescente? Cal é a mellor idade para comezar cun segundo idioma? Por que a música, a plástica e a educación física son tan importantes? El non quere deixar ningunha sen resposta porque como anuncia no seu último libro, a súa paixón é contar todo o que sempre quixemos saber sobre o cerebro dos nosos fillos e nunca ninguén se atreveu a explicarnos. Profesor de xenética na Universidade de Barcelona, David Bueno explica que a neurociencia ofrece claves que modificarán a nosa forma de ensinar e aprender.