La torre saltarina

A torre saltarina / Gif: IamHappyToast

Instrucións: Mira o gif en movemento da torre de electricidade saltarina. Oes algo?
 
Efecto: Algunhas persoas aseguran que escoitan o son da torre golpeando o chan, un ruído xordo ou un boing. Poida que non oias nada, pero non a todo o mundo lle ocorre.  

Explicación: A imaxe en movemento ten un efecto de sacudida cando a torre toca o chan. Algunhas persoas oen un golpe nese momento. O son non está realmente, polo que se trata dunha especie de alucinación auditiva. Lisa DeBruine, psicóloga da Universidade de Glasgow, publicou a animación e preguntoulle á xente que experimentaba ao mirar o gif. O 75%, unhas 15.000 persoas, dixeron escoitar «un ruído xordo». O 14% dos enquisados, preto de 3.000, non notaron ningún son, mentres que menos dun milleiro dos 20.000 enquisados dixeron escoitar «algo máis». O resto, ao redor de 1.400, optou por non revelar se oíran algo. O que causa que algunhas persoas escoiten un ruído é a expectativa de que algo así ocorra. As expectativas poden afectar ao que experimentamos. Unha das xougarretas que nos fai o cerebro.

FONTE: abc.es/ciencia