Javier Blumenfeld é Médico pediatra, Máster en endocrinoloxía pediátrica e nutrición e Doutor en ciencias biomédicas, sendo responsable da consulta de Endocrinoloxía Pediátrica do Hospital del Escorial (Madrid). É especialista en Neuroeducación e membro do Observatorio da Universidade Rey Juan Carlos para o desenvolvemento de innovacións educativas. Así, Blumenfeld desenvolve, xunto ao seu equipo, programas de alimentación saudable para nenos e familias nos que reivindica a importancia para comer variado, o exercicio físico e o descanso para o desenvolvemento do cerebro e a aprendizaxe. Defensor da dieta mediterránea convídanos a “recuperar o goce de sentarnos a comer en familia” asegurando que é o mellor hábito que podemos manter na alimentación dos nenos. Por iso, Blumenfeld describe as comidas e ceas familiares como “a última trincheira para non estar completamente mecanizados: o último espazo que nos queda para conversar e non perder a nosa humanización.