Blogia
vgomez

VÍDEO DE REALIDADE VIRTUAL DE MUNDOS INCRIBLES

 

Hai un ano un grupo de astrónomos e curiosos creou un vídeo de realidade virtual de mundos incribles: exoplanetas calcinados pola súa estrela, percorridos por inmensas ondas ou cubertos de lava.

Na realidade estes mundos están fóra do alcance de calquera nave, pero o vídeo permítenos por un momento imaxinar algúns dos fascinantes lugares que hai na Vía Láctea. En total, as imaxes lévannos a seis exoplanetas. Algúns deles son Wasp-121 b, un mundo tan próximo á súa estrela que a súa atmosfera está a ser expulsada, Kepler-62e, un planeta que podería estar cuberto por un océano global e sucado por ondas monstruosas e 55 Cancri e, un auténtico inferno cuberto de lava e sacudido por enormes tormentas de raios.

As espectaculares imaxes, filmadas en primeira persoa e cunha perspectiva de 360 graos, foron deseñadas por un equipo de astrofísicos da Universidade de Exeter xunto a persoas de «We The Curious», unha organización educativa e divulgativa de Bristol e un estudo de animación de Cornwall, chamado «Engine House».

FONTE: abc.es/ciencia
 

0 comentarios