Como cada ano, o Instituto Internacional para a Exploración de Especies do Colexio de Ciencias Ambientais e Forestais da Universidade Estatal de Nova York (ESF) publica a súa particular selección das especies máis curiosas recentemente descubertas. Unha oportunidade fantástica para poñer en valor a asombrosa biodiversidade do noso planeta.

Cada ano nomeamos preto de 18.000 novas especies, pero cremos que tamén se están extinguindo outras 20.000 especies anuais. Moitas delas, se non as atopamos, describimos e nomeamos agora, perderanse para sempre”, explica Quentin  Wheeler, presidente do ESF. “Estes achados poden ensinarnos moito sobre a complexidade dos ecosistemas e sobre a historia evolutiva do noso planeta”.

De todas elas, persoalmente, a que máis me chamou a atención foi UNHA PLANTA QUE NON FAI A FOTOSÍNTESE.


Una delicada especie en peligro
Sciaphila  sugimoto / Foto: Takaomi Sugimoto

Pensábase que a flora de Xapón estaba ben documentada, pero o mundo dos organismos vivos é unha fonte de sorpresas. O achado de  Sciaphila  sugimoto é emocionante, non só por iso, senón tamén pola peculiar forma de alimentarse que ten esta planta, pois non é  autótrofa , polo tanto non realiza a  fotosíntese, senón  heterótrofa, e asóciase cun fungo  simbionte do que obtén os nutrientes que necesita para vivir.

Trátase dunha especie en perigo crítico, pois ata agora só localizáronse poboacións en dous lugares moi concretos da illa, e falamos duns cincuenta individuos. Ademais, do mesmo xeito que outros  simbiontes  fúngicos, a súa supervivencia é fráxil e depende da estabilidade do ecosistema no que habita.

Se queres coñecer o resto desta particular selección preme AQUÍ. 

FONTE: .muyinteresante.es/naturaleza