Continuamos co percorrido pola orixe das seis marcas máis antigas e que naceron como pequenas tolemias persoais nos albores do século XX e aínda hoxe sobreviven entre os condutores convertidas en grandes compañías.

2. FIAT (1899)

Car Logo Fiat

Logo Fiat / Imaxe: stickpng.com

En 1899 fundouse Fiat (Fabbrica Italiana  Automobili  Torino), a marca italiana máis importante ata os nosos días. Un ano máis tarde sairía da súa cadea de montaxe en  Turín o 3 ½  HP (na imaxe), un sinxelo  cuadriciclo de tres prazas que nin sequera dispoñía de marcha atrás e do que se construirían 26 unidades. Pero xa en 1902 a marca desenvolveu o 24  HP Corsa, un coche de carreiras para disputar a Volta a Italia, competición que completarían os nove Fiat inscritos nun alarde de fiabilidade.


Tras máis dun século de actividade e expansión por todo o mundo, Fiat adquiriu a marca americana Chrysler para formar en 2014 o grupo automobilístico FCA (Fiat Chrysler Automobiles), e trasladou a súa sede histórica desde Turín ata a capital holandesa de Ámsterdam.

Mañá a terceira marca!

FONTE: Luis A. Soto/motor.elpais.com