Blogia
vgomez

POR QUE PODEMOS CHEIRAR A CHOIVA?

Grabación de la caída de gotas de agua a gran velocidad donde se observa cómo se desprenden pequeñas burbujas que liberan en forma de aerosol las sustancias depositadas en la tierra.

Gravación da caída de pingas de auga a gran velocidade onde se observa como se desprenden pequenas burbullas que liberan en forma de aerosol as substancias depositadas na terra / Y. JOUNG MIT/elpais.es

Fixástesvos algunha vez nese cheiro especial que desprende o chan quente e seco cando caen as primeiras pingas de choiva estival? E dese “cheirar a choiva” xusto antes dunha tormenta?

Por suposto, a choiva en si mesma non ten cheiro. Pero momentos antes de que empezo a chover, un cheiro “a terra” coñecido como petricor impregna o aire. As persoas descríbeno como un aroma  almizclado, fresco e en xeral agradable.

Este cheiro despréndese de feito ao humedecerse o terreo. Uns científicos australianos documentaron por primeira vez o fenómeno do  petricor en 1964 e, máis tarde, na década de 2010, uns investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachussetts estudaron a súa mecánica.

petricor é unha combinación de compostos químicos fragantes. Algúns proceden de aceites fabricados polas plantas. As que máis contribúen son as actinobacterias. Estes diminutos microorganismos poden atoparse tanto en zonas rurais como urbanas, así como en contornas mariñas. Descompoñen a materia orgánica morta ou deteriorada en compostos simples listos para converterse á súa vez en nutrientes para plantas en crecemento e outros organismos.

Un subproduto da súa actividade é un composto orgánico chamado xeosmina, que contribúe ao aroma do petricor. A xeosmina é un tipo de alcol, como o de desinfectar. As moléculas de alcol tenden a desprender un aroma forte, pero a estrutura química complexa da xeosmina faia especialmente perceptible para os humanos, mesmo en cantidades extremadamente baixas. O noso nariz pode detectar só unas cantas partes de xeosmina por cada billón de moléculas atmosféricas.

Durante un período de seca prolongado, cando leva varios días sen chover, a taxa de actividade de descomposición das actinobacterias retárdase. Xustamente antes dun episodio de choiva, o aire e o terreo empezan a humedecerse. Este proceso axuda a acelerar a actividade das actinobacterias e fórmase máis xeosmina.

Cando as pingas de choiva caen ao chan, en especial en superficies  porosas como a terra solta ou o cemento rugoso, salpican e expulsan partículas diminutas denominadas aerosois. A xeosmina e outros compostos do petricor que poidan estar presentes no chan ou disoltos na pinga de choiva libéranse en forma de aerosol e son transportados polo vento ás zonas de ao redor. Se a choiva é suficientemente forte, o aroma a  petricor pode viaxar rapidamente co vento e alertar aos humanos de que a choiva se achega.

O aroma finalmente desvanécese cando a tormenta pasa e o terreo comeza a secarse. As actinobacterias quedan en espera, dispostas a axudarnos a saber cando podería chover de novo.

FONTE: Tim Logan/elpais.es/ciencia e wikipedia

0 comentarios