Continúo coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Hoxe tócalle á sexta: a ameixa de auga doce!

6. Ameixa de auga doce (Margaritifera auricularia)

  Imagen de un ejemplar de Margaritífera auricularia, en grave peligro de extinción

Imaxe dun exemplar de Margaritífera auricularia / abc.es 

É un molusco bivalvo, de auga doce, da familia Margaritiferida. Unicamente quedan 2.500 exemplares dun molusco que pode chegar a alcanzar os 17 centímetros de lonxitude.

É de cor negra e cuncha moi grosa, alongada e comprimida lateralmente. O bordo ventral das  valvas está lixeiramente  arqueado, polo que a silueta da cuncha ten en ocasións forma de orella (auriculada). O interior das  valvas é branco nacarado e presenta unha liña paleal moi marcada. Adoita ser  hermafrodita.

A súa principal ameaza: As alteracións das canles mediante encoros, presas, canalizacións, extraccións de gravas e areas.

Onde atopalo? No río Ebro.

Mañá, a última especie!

FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es e blogacuicola.com