A frase “quen se foi a Sevilla perdeu a súa cadeira” adóitase aplicar para explicar o por que alguén perde os seus privilexios despois de ausentarse dun lugar durante un determinado tempo. Esta é a súa orixe:

Durante o reinado de  Enrique IV (1425-1474), foille concedido o arcebispado de Santiago de Compostela a un sobriño do arcebispo de Sevilla, don Alonso de Fonseca. Dado que o reino de Galicia andaba revolto, o arcebispo electo pensou que a toma de posesión do cargo non ía ser cousa sinxela, polo que pediu axuda ao seu tío. Don Alonso desprazouse ao reino galego, pero pediu ao seu sobriño que se ocupase do arcebispado sevillano durante a súa ausencia. O arcebispo, tras lograr  serenar os ánimos dos galegos, regresou a Sevilla, pero atopouse con que o seu sobriño non quería deixar de ningún modo a cadeira hispalense. Para que desistise, non só foi necesario un mandato do Papa, senón que interviñese o rei e que algúns dos seus seguidores fosen aforcados tras un breve proceso.

Nestes feitos ten orixe o refrán, polo que se deduce que a ausencia prexudica non ao que se foi a Sevilla, senón ao que se foi da cidade: "Quen se foi de Sevilla, perdeu a súa cadeira". No imaxinario colectivo quedou a historia da cadeira e propagouse ao longo do tempo, chegando aos nosos días con diferente significado do orixinario.

FONTE: nuevatribuna.es. Imaxe: arquidiocesisdeibague.org