A Pinocho médralle o nariz coas mentiras / Imaxe:jornaldaorla.com.br

O dicionario da RAG (Real Academia Gagega) define MENTIRA como: Aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso.

Imos hoxe reflexionar sobre esta palabra a través de frases célebres:

A primeira é de Martín Lutero (1483-1546), teólogo alemán e pai espiritual da Reforma protestante:

"Unha mentira é como unha bóla de neve; canto máis roda, máis grande vólvese"

A segunda é do peota inglés Alexander Pope (1688-1744):

"O que di unha mentira non sabe que tarefa asumiu, porque estará obrigado a inventar vinte máis para soster a certeza desta primeira"

A terceira é do psicólogo e filósofo estadounidense William James (1842-1910):

"Non hai maior mentira que a verdade mal entendida"

A cuarta é do escritor, pintor e cineasta fráncés Jean Cocteau (1889-1963):

"Un vaso medio baleiro de viño é tamén un medio cheo, pero unha mentiras a medias, de ningún modo é unha media verdade"

A quinta é do contante estadounidense, o Rei do Pop, o xenial Michael Jackson (1958-2009):

"As mentiras corren carreiras curtas, as verdades corren maratóns"

Para rematar, un refrán popular:

 "Píllase primeiro a un mentiroso que a un coxo"

Como conclusión, a mentira non é boa compañeira de viaxe!