Continúo coa sección dos himnos das distintas comunidades e cidades autónomas.

Hoxe tócalle o turno a Cantabria.

Himno á Montaña ou Himno de Cantabria é o himno oficial da Comunidade Autónoma de Cantabria. Foi composto en 1926 por Juan Guerrero Urresti e con arranxos posteriores de José del Río Sainz.

Cantabria querida
vou cantar
a canción que o meu peito
vai dedicar
que é moi grande o meu amor
á terra en que nacín.

Quero que os seus  sons
poidan traspasar
as montañas máis altas
e o inmenso mar,
como ofrenda leal
ao  terruño no que vivín.
E é o meu cántico amoroso
cal  arrolo maternal
en que todos veneramos
a Cantabria fraternal.

E un recordo cariñoso
de pureza rexional,
á Montaña dedico
con vigor tradicional
vigor tradicional, vigor tradicional.

A miña terriña sempre será
bela aurora do corazón
e a ela un bico puro de amor
e cheo de emoción
sempre ofrecerei, sempre ofrecerei.

Fillos da miña Cantabria
nobres do meu querer,
irmáns montañeses
por sempre seremos.

Xuntos agrupémonos
moi forte e moi leal
que a nai Cantabria
un abrazo dános.

Mañá, o himno de Castela e León!