Blogia
vgomez

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CARMEN

Problema-solución / Imaxe: marketingdirecto.com/

Lembrades a pregunta do problema? CANDO É O ANIVERSARIO DE CARME?

Resolvéstelo? Imos ver a solución:

Primeiro temos que pescudar é se Ana coñece o mes ou o día. Se o que sabe é o día, non podería ser o 18 nin o 19, que son os únicos que non se repiten. Como o resto de días repítense en diferentes meses, non hai posibilidade de que Beatriz saiba a data do aniversario como ela mesma afirma. Así pois, debe ser Ana quen coñece o mes.  

Da primeira premisa, sabemos que Ana está segura de que Beatriz non sabe cando é o aniversario, polo que maio e xuño deben ser descartados (o día 19 soamente aparece en maio e o día 18 só aparece en xuño).  

Noutras palabras, se Ana elixise maio ou xuño como resposta, non podería estar segura de que Beatriz non coñecía a data do aniversario, posto que Beatriz podería elixir o 18  ó 19.  

Seguindo con esa premisa, Beatriz sabe que maio e xuño están descartados. Por tanto, debe ser o 16 de xullo, o 15 de agosto ou o 17 de agosto (non pode ser o 14 porque se non, non o sabería).  

Como Ana tamén pode xa estar segura da data, debe saber que é xullo. Se fose agosto, non podería estar segura debido a que hai dúas datas neste mes, o 15 e o 17.

Por tanto, a data do aniversario é o 16 de xullo.

FONTE: zientzia-astea.org/es

0 comentarios