Blogia
vgomez

COMEDY WILDLIFE PHOTO AWARDS 2018

¡Oh no!

 

Desde a infancia, o reino animal sempre se mostrou maxestuoso e cheo de elegancia. Pero esa  idealización tan seria da natureza dista moito do que promoven os Comedy Wildlife Photo Awards. Este concurso pretende conseguir, a través dunha mirada máis lúdica e entretida, a conservación de todas as especies no planeta. Desta forma, a risa convértese na arma máis poderosa de concienciación ambiental.


O premio en xogo é un trofeo artesanal feito por persoas con discapacidade nun taller de Dar é Salaam (Tanzania), ademais dunha semana de safari para dúas persoas en  Kenya.


Os  Comedy  Wildlife  Photo  Awards chegan cargados de imaxes salvaxes e incribles. Aquí tes os finalistas deste ano. Para velos preme AQUÍ.

 

FONTE: muyinteresante.es e comedywildlifephoto.com

0 comentarios