Blogia
vgomez

ENSINAR EMPATÍA AOS NENOS

 

Boris Cyrulnik é psiquiatra, neurólogo, profesor da Universidade de Tolón (Francia) e autor de libros como ‘Os parruliños feos’, ‘Resiliencia e adaptación’ ou ‘O amor que nos cura’. Considerado un referente internacional da chamada “resiliencia” (capacidade do ser humano para repoñerse á dor), Cyrulnik sobreviviu á Segunda Guerra Mundial e o nazismo con seis anos de idade, cando perdeu a gran parte da súa familia en Auschwitz. A pesar de vivir experiencias traumáticas, o profesor Cyrulnik é un exemplo de superación e dedicou gran parte da súa vida para estudar os mecanismos do ser humano para combater o sufrimento. Colaborador da Asociación para o Estudo Sistémico da Familia e outros Sistemas Humanos (AESFASHU), o  neuropsiquiatra acaba de recibir o encargo do goberno francés para fomentar a  empatía dende as garderías. "A clave para crear sociedades altruístas, empáticas e  resilientes é a “segurización”, é dicir, a creación dunha contorna segura e afectuosa para o neno, tanto no seu fogar como na escola, desde os primeiros anos de vida", afirma  Cyrulnik. Para iso propón retardar os ritmos de vida e ensinar aos nenos para confiar en si mesmos e nos demais.

0 comentarios