Blogia
vgomez

HISTORIA DUN MESTRE E DUN RECTÁNGULO CON OLLOS

 

Soño co que ensina, o espertar para o que aprende; construíndo a escola que non existe, para o alumno que non chega”, é a carta de presentación de José Antonio Fernández Bravo. Doutor en Ciencias da Educación, investigador e escritor, este docente madrileño tamén conta con tres mestrías sobre lóxica, formación do profesorado e deseño  educacional. Aínda que a palabra que mellor define a Fernández Bravo é “mestre”.

O seu pensamento educativo aliméntase a partes iguais de amor e de humor. Observar e “ensinar desde o cerebro do que aprende” son os alicerces da súa fórmula pedagóxica. “Dedico a miña vida para escoitar aos nenos. Trátase de amar o que fas, amando a aquel ao que dirixes o que fas”, asegura. 

É autor de máis dun centenar de obras sobre educación e aprendizaxe. Goza de recoñecemento nacional e internacional polo seu carácter innovador e pola brillante adaptación da función docente na didáctica da matemática. Mestre de mestres, Fernández Bravo está convencido de que “unha das finalidades da educación é adquirir coñecemento, pero tamén o é a de desenvolver a observación, a intuición, a creatividade, o razoamento, e as emocións”. E sentenza: “Hoxe damos moito contido e xeramos pouco coñecemento”.

0 comentarios