Blogia
vgomez

O AMOR É A FORZA MÁIS PODEROSA PARA CAMBIAR O MUNDO


Desde a publicación do seu título máis mítico, ‘A casa dos espíritos’ (1982), Isabel Allende conquistou o corazón e a mente de 74 millóns de lectores en todo o mundo. Na actualidade, é a escritora viva máis lida en lingua española.

Dona dun humor irónico e burlón, pero tamén dunha visión espiritual e revolucionaria da vida, aos seus 78 anos segue defendendo os ideais que marcaron a súa mocidade como xornalista: o feminismo e a xustiza social. Algo que se pode lograr, asegura, co amor: “Din que as forzas que moven o mundo son a cobiza, o poder ou o medo. Pero eu creo que a máis poderosa, o verdadeiro motor de cambio, é o amor”.

As súas novelas e relatos, traducidos a 42 idiomas, unen o pasado co presente e o fantástico co real. Narran as historias daqueles que enfrontan a vida con risco e paixón: “Os personaxes que me interesan son persoas que fan tolemias, que corren aventuras, porque a xente que fai cousas extraordinarias é a xente que ten paixón”, afirma.

Crítica co racismo, a violencia e a falta de solidariedade, para Isabel Allende “vivimos tempos de escuridade”. Por iso, o seu últimas tres novelas contan historias de exilio, desarraigamento e conflitos armados: “Sobre estes temas, que volven estar no aire e que levan a masas de xente a deixalo todo para salvar a vida, non podo evitar escribir”. E non é de estrañar, viviuno en primeira persoa cando escapou da ditadura de  Pinochet en Chile.

0 comentarios