Blogia
vgomez

INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO X (FIN)

Remato, hoxe, coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...

10. Patacas chips

Foi o chef neoyorkino George Crum quen inventou accidentalmente en 1853 as patacas fritas chips cando un cliente molesto seguía devolvendo as súas patacas fritas á cociña porque estaban brandas e cheas de aceite. Para darlle un escarmento, Crum cortou as patacas en toros finísimas; fritiunas ata que quedaron cruxentes e afogounas en sal. Para a súa sorpresa, ao cliente encantoulle o cambio, pois acababa de degustar a primeira ración de patacas fritas de bolsa.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

Ata a próxima serie!

0 comentarios