Facebook Twitter Google +1     Admin

CRUCIGRAMADA RAG DA COVID-19

por vgomez el 23/05/2020 06:34, en A PENSAR

VERTICAIS: 1. Presentación interactiva que se transmite a través da Web e que pode seguirse en directo ou en diferido 2. Saída dun estado de confinamento no que estaban limitados os movementos 5. Persoa que ten capacidade de adaptación e recuperación fronte ás situacións adversas 6. Aparello especial co que se cobre a cara, ou parte dela, para protexela, evitar respirar gases tóxicos, facilitar o envío de osíxeno aos pulmóns etc. 7. Propagación rápida e abundante de información falsa entre as persoas e os medios informativos.

HORIZONTAIS: 3. Espazo de tempo no que se manteñen illadas as persoas e mercadorías procedentes dun país onde hai epidemia 4. Virus con forma exterior semellante a unha coroa, con ARN causante de infeccións respiratorias e dixestivas en persoas, en moitas especies de mamíferos e en aves. O SARS-CoV-2 é o coronavirus causante da pandemia actual de Covid-19 8. Infección xeral grave do organismo producida pola presenza de xermes patóxenos no sangue 9. Prestación da actividade laboral realizada de maneira preponderante no domicilio do traballador ou no lugar libremente elixido por este, de maneira alternativa ao seu desenvolvemento presencial no centro de traballo da empresa ou do empregador.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.