Blogia
vgomez

COIDAR A AUTOESTIMA



O psicólogo e escritor Walter Riso defende que na escola debería incorporarse dúas novas materias: “Aprender a perder” e “Amor propio”. Desta forma poderiamos ensinar aos nenos, as claves das relacións sas, lonxe da dependencia emocional, o abuso e o sufrimento. “Por que sufrimos tanto por amor? Sufrimos polos mitos, porque non son relacións democráticas, pola dependencia emocional. Ti non podes negociar unha relación afectiva cando ocorren dúas cousas que van afectar a túa autoestima: a indiferenza e a perda da confianza básica”, explica  Riso.

Tamén a autoestima pódese ensinar desde a infancia, afirma o psicólogo, a través do desenvolvemento de catro alicerces: autoconcepto, autoimaxe, autorreforzo e autoeficacia. Lonxe do egoísmo e a egolatría, o autocoidado san permitirá unha sociedade máis forte, valente e resiliente.

Walter Riso é doutor en Psicoloxía, especialista en Terapia Cognitiva e Máster en Bioética, con máis de 30 anos de experiencia no ámbito da psicoloxía clínica e a formación, a través da súa cátedra universitaria entre España e Latinoamérica. É autor de máis de 20 textos científicos e de divulgación, traducidos a máis de 10 idiomas, que o converteron en autor superventas de títulos como ‘Pensar ben, sentirse ben’, ‘Filosofía para a vida cotiá’, ou ‘Amar ou depender’.

0 comentarios