Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 1941. Pouco antes das 8 da mañá do domingo 7 de decembro de 1941 a aviación xaponesa atacou por sorpresa por orde do comandante Yamamoto á frota americana que se atopaba no porto de Pearl Harbor, nas illas Hawai. Ao día seguinte, luns 8 de decembro, o Congreso dos Estados Unidos, cuxo presidente naquel momento era Franklin Delano Roosevelt, declarou a guerra a Xapón, co que Estados Unidos entraba de cheo na Segunda Guerra Mundial da man dos aliados. Como consecuencia, Alemaña declarou a guerra aos americanos o día 11.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cando comezou a operación Barbavermella (Unternehmen Barbarossa), o ataque das tropas de Hitler á URSS?

- O 22 de xuño de 1941, exactamente o mesmo día en que Napoleón anunciara a súa intención de invadir Rusia en 1812

- O 16 de xaneiro de 1941, en pleno inverno, o que decantou a balanza a favor da URSS

- O 4 de xullo de 1941, coincidindo co día da Independencia de Estados Unidos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe collage: wikipwdia.org

0 comentarios