Facebook Twitter Google +1     Admin

CANTO SABES SOBRE ASIA? XIV

por vgomez el 05/12/2022 09:38, en DOCENCIA

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Hiroshima. A bomba nuclear Little Boy lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por Fat Man, lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto. A Segunda Guerra Mundial finalizou oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de capitulación do Xapón o 2 de setembro de 1945.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Como se chama o país coloreado da imaxe superior?

- Afganistán

- Paquistán

- Turkmenistán

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.