Blogia
vgomez

POR QUE ESTA PLANTA VÓLVESE CARNÍVORA DE VEZ EN CANDO

Moitos animais comen plantas, pero é fácil esquecer que, dunha forma ou outra, todas as plantas comen animais. Os excrementos e os corpos en descomposición dos animais son imprescindibles para a maioría das plantas, pero algunhas decidiron ao longo da evolución saltarse ese paso e comer animais directamente. Todo o mundo coñece a atrapamoscas coas súas follas en forma de fauces con dentes.

Unha liana, a folla de gancho ou trifoliada (Triphyophyllum peltatum), unha planta trepadora que se atopa exclusivamente nalgunhas selvas tropicais de África Occidental e desenvolve lianas de ata 70 metros de longo. Esta planta, a diferenza doutras, vólvese carnívora só en caso de necesidade.

A planta desenvolve brotes de varios metros de longo con ganchos para rubir polos troncos doutras árbores. Cando entra nunha fase carnívora, desenvolve follas con forma de anzol que segregan pingas pegañentas coas que atrapa aos insectos, que logo son dixeridos con encimas especiais. A transformación da folla ganchuda nunha especie carnívora é ata o de agora única no mundo vexetal, pero o causante deste fenómeno apenas se investigou ata o de agora.

Por primeira vez, os investigadores conseguiron cultivar a liana nun invernadoiro e observar así máis de preto o seu inusual comportamento. A planta expúxose a diversos factores de estrés, incluídas carencias de varios nutrientes, para estudar como reaccionaba en cada caso. Os científicos do Instituto de Sistemas de Produción Hortícola da Universidade de Hannover, en Alemaña, atoparon un só caso no que se observaba a formación de trampas: cando había unha carencia de fósforo. Restrinxir o fósforo foi é suficiente para que a liana se conviertiera nunha planta carnívora.

As pingas pegañentas dos tentáculos son probablemente as maiores de todas as plantas carnívoras e permítenlles reter e dixerir mesmo insectos relativamente grandes. No seu hábitat orixinal nos bosques tropicais africanos sobre chans pobres en nutrientes, a Triphyophyllum peltatum pode evitar a ameaza da malnutrición atrapando e dixerindo insectos coas súas trampas, obtendo así o importante elemento nutritivo. Os resultados do estudo publicáronse na  revista New Phytologist.

A liana de folla de gancho é tamén de gran interese para a investigación médico-farmacéutica: Por exemplo, os investigadores están a estudar se certos ingredientes da liana poderían ser eficaces contra o cancro de páncreas, a leucemia ou a malaria.

FONTE: Amina Jover/quo.eldiario.es/natureza

0 comentarios