Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema VÍDEOS.

A ATLÁNTIDA

Publicado: 04/05/2012 08:12 por vgomez en VÍDEOS

 

Arredor do ano 1620 a.C., un enorme volcán no Mar Exeo despertou dun sono de 17 mil anos cunha violenta erupción. A explosión destruíu a illa de Tera, provocando grandes tsunamis que inundaron Creta, o centro da primeira civilización sofisticada de Europa: a minoica. Agora moitos expertos pensan que este evento apocalíptico servíu de inspiración para a lenda da Atlántida.

Pero é un mito ou é algo real?

Neste vídeo podemos atopar novas revelacións sobre a  ATLÁNTIDA .

RESPECTO POLA VIDA

Publicado: 16/03/2012 08:11 por vgomez en VÍDEOS
Fermoso vídeo cheo de respecto pola Terra, respecto pola auga, respecto pola luz do Sol, respecto polo Universo, en resumo, respecto pola vida!

Música: Kitaro - Matsuri
Imaxes: NatGeo / BBC
Compilación e edición: Perruci

Que disfrutedes!

AS PERSOAS SON IMPRESIONANTES

Publicado: 13/01/2012 08:49 por vgomez en VÍDEOS

 

Verdeiramente que si, as persoas son impresionantes na práctica de moitos deportes, conseguindo logros realmente incribles. Neste vídeo demostrase esta teoría. Por certo as imaxes son espectaculares. Acendede os altofalantes e a disfrutar!

ARAÑAS

Publicado: 16/12/2011 07:55 por vgomez en VÍDEOS
20111214135415-putnami.jpg

 

Impresionante foto dunha Phidippus putnami ou araña saltarina, realizada por  Thomas Shahan , un fotógrafo coñecido pola súas fermosísimas macrofotografías de insectos e arañas. As súas obras repletas de cor, son realmente apaixoantes, sacando á luz a complexidade dos deseños naturais máis impactantes como é o caso dos ollos dos insectos e arácnidos.

Como se pode apreciar no vídeo, esta araña saltarina é tan pequena que podería pousarse sobre unha unlla.

Se queres ver máis fotofrafías e vídeos de Thomas Shahan pincha AQUÍ.

 

A NASA publicou un novo vídeo con fermosas imaxes da Terra e música de Peter Gabriel que amosan como os astronautas ven o noso fráxil mundo dende o espazo. As imaxes foron tomadas polos astronautas Ron Garan e Mike Fossum dende a Estación Espacial Internacional (ISS).

A pesar de que a plataforma orbital viaxa a 17.500 mph (mph-millas por hora. 1mph=0,44704 m/s) e orbita a Terra cada 90 minutos, o vídeo acelera o movemento considerablemente para que poda contemplarse por completo a nosa bola azul. Claman a atención os lóstregos que aparecen no vídeo, aínda que só unha pequena porcentaxe dos raios reais foron capturados nas imaxes. Tamén obsérvanse auroras boreais e o furacán Katia.

O obxectivo da NASA ao dar a conocer o vídeo é axudar á xente a seguir as misións non como simples espectadores, senón como membros da tripulación, para que, dende ese punto de vista, podan comprender mellor a fraxilidade da Terra e a necesidade de coidar o noso «oasis» de vida no Universo.

O DESERTO DO SÁHARA

Publicado: 06/11/2011 10:54 por vgomez en VÍDEOS

 

O Deserto do Sáhara  é un dos maís grandes do mundo, localizado no Norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). Nel viven preto de 2,5 millóns de persoas, distribuídas por Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Arxelia, Tunisia, Sudán e Chad.

As fronteiras do Sáhara son: o Océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o Mar Mediterráneo ao norte, o Mar Vermello ao leste e o val do Río Níxer ao sur.

O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana. A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel atópase a rexión chamada o Sudán.

Este vídeo, de imaxes espectaculares, amósanos un día nese deserto.

 

A BELEZA DA POLINIZACIÓN

Publicado: 30/10/2011 08:14 por vgomez en VÍDEOS

 

O vídeo The beauty of pollination (A beleza da polinización) é unha aproximación a este proceso que consiste na transferencia de grans de pole (gameto masculino) dende os estames cara o pistilo da planta, a estrutura que contén o óvulo (gameto feminino). O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento (plantas anemófilas) ou un axente animado (plantas zoófilas) como insectos e outros animais.

As imaxes son espectaculares. Que disfrutedes!

MEDUSAS

Publicado: 12/07/2011 09:58 por vgomez en VÍDEOS

 

As medusas son organismos mariños pertencentes ao filo Cnidaria, con forma de campana ou parasaol e corpo xelatinoso. As medusas posúen tentáculos formados por células urticantes, ou nematocistos, que usan para capturar presas e como forma de defensa. Estas células conteñen unha cápsula cun filamento tóxico (velenoso). Ao contacto cunha presa, os filamentos exéctanse e inxectan veleno. Os tentáculos de medusas mortas que ás veces se atopan na praia poden envelenar por varias semanas.

Este vídeo pretende dar unha serie de consellos para evitar esa situación tan incómoda que se produce talo contacto cunha destas medusas, tan frecuente na época de verán que nos atopamos.

Espero que sexa útil!

A GUARDA NA TVG

Publicado: 28/06/2011 08:23 por vgomez en VÍDEOS
20110628082317-logo-galicia-para-o-mundo.jpg

 

A fin de semana pasada, a TVG emitíu dentro do programa  Galicia para o mundo, unha  reportaxe sobre A GUARDA: UNHA VILA MARIÑEIRA, onde se fai un percorrido por esta vila. Moitos serían os que o viron, pero para aqueles que non o fixesen aqui o tedes de novo pinchando AQUÍ.

ADMIRANDO A NATUREZA

Publicado: 23/01/2011 11:01 por vgomez en VÍDEOS

 

Este fermoso vídeo está elaborado a partir das imaxes do Planeta Terra: The Complete Series BBC (2007) DVD e a musica do tema "Pide a creación" do compositor e cantante de música de culto cristián chamado Brian Robert Doerksen (1965).

Merce a pena velo e escoitalo!

ESTO SI QUE É AMOR DE PAI

Publicado: 04/10/2010 06:06 por vgomez en VÍDEOS

 

O outro día recibín un correo que me sorprendeu gratamente. Penso que o amor que pode sentir un pai por un fillo, non moitas veces correspondido, é moi grande. A proba tédela no vídeo. Pero quero reproducir o texto do correo que citei anteriormente, para poder entender correctamente o vídeo:

O fillo pregúntalle ao seu pai: Papá, formarías parte no maratón comigo? O pai respondeu: Si. Foron ao maratón e completárono xuntos. Pai e fillo foron xuntos a outros maratóns, e o pai sempre dicía "si" ás solicitudes do fillo de ir xuntos ás carreiras. Un día, o fillo preguntoulle ao seu pai: Papá, imos a participar xuntos no Ironman? O pai díxoxe si tamén. O triatlón Ironman abarca 2,4 millas (3,86 quilómetros) nadando en océanos, seguida de 112 millas (180,2 quilómetros) en bicicleta, e rematando con 26,2 millas (42,195 quilómetros) maratón ao longo da costa de Big Island.

Impresionante!!!

 

SUPERVIVENCIA

Publicado: 14/05/2010 20:26 por vgomez en VÍDEOS

 

Os selacimorfos, son os coñecidos tiburóns (peixe cartilaxinoso, da familia dos carcarínido) sempre foron considerados como grandes depredadores. De vez en cando atópanse con inimigos que nunca consideramos capaces de enfrontarse a eles. É o caso do polbo (molusco octópodo da familia dos octopódidos).

Este vídeo mostra o ataque dun polbo a un tiburón. Espectacular!

 

DÍA DA INTERNET SEGURA

Publicado: 09/02/2010 17:06 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe, 9 de febreiro, celébrase a sétima edición do DÍA DA INTERNET SEGURA, un evento que ten lugar cada ano en todo o mundo (neste ano son 60 países), e que ten por obxectivo promover en todo o mundo o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre os menores.

Pinchando AQUÍ podes consultar a páxina oficial deste ano e seguir unha serie de consellos moi interesantes.

Lembra, na internet o límite polo ti. Fai un uso responsable!

TIANA E O SAPO

Publicado: 03/02/2010 08:08 por vgomez en VÍDEOS

 

O próximo venres, 5 de febreiro,  estréase a última película de Walt Disney Animation Studios: Tiana e o Sapo.

Este musical de animación, é unha comedia que transcurre en Nueva Orleans. Unha moza chamada Tiana (de cor, atención ao dato) que vive no Barrio Francés de Nueva Orleans, un Príncipe convertido en sapo que desesperadamente quere recuperar a súa forma humana e un bico que os leva a unha divertida aventura a través das paisaxes misteriosos de Luisiana: río Mississipi, crocodilos que cantan, feitizos de vudú, ...

Un clásico actualizado!

SCIENCE IS REAL

Publicado: 22/01/2010 08:09 por vgomez en VÍDEOS

 

Hai uns días, concretamente ol día 11, falamos do grupo americano They Might Be Giants que fixera un disco destinado ao mundo dos nenos para dar a coñecer o mundo da ciencia con música. Daquela coñecemos o tema "Meet The Elements" (Coñece os elementos). Hoxe propóñovos un tema novo "Science is Real" (La ciencia es real).

Espero que vos guste!

ECLIPSE ANULAR

Publicado: 15/01/2010 16:53 por vgomez en VÍDEOS

 

No día de hoxe, pero só visible en Asía e África, producíuse un eclipse anular de Sol (fenómeno que sucede cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol sen cubrir por completo ao astro, debuxando no ceo un anel de luz), cunha duración de 11 minutos, considerado o máis longo do milenio.

China foi un dos países onde se víu mellor este espectacular fenómeno, sendo esa a explicación da elección do vídeo que podedes ver.

VÍDEO MUSICAL: TABLA PERIÓDICA

Publicado: 11/01/2010 16:32 por vgomez en VÍDEOS

 

Estamos de volta cos estudos, e en CCNN  estabamos cos elementos e a taboa periódica. Durante as vacacións e con motivo do famoso borrador do decreto de plurilingüismo no ensino non universiario de Galicia, no que ademais do castelán e galego (este menos) se potencia tamén o inglés, atopei este vídeo musical moi orixinal: "Meet The Elements" (Coñece os elementos).

É un dos temas do último traballo (setembro 2009) titulado Here Comes Science (disco destinado ao mundo dos nenos para dar a coñecer o mundo da ciencia con música) do grupo  They Might Be Giants (grupo de rock alternativo estadounidense formado en 1982 e coñecido tamén por TMBG).

Bueno, espero que vos guste e que sexa útil para o inglés e para as CCNN.

Por certo se queres ver unha actuación súa, pincha en  Boss of Me (Premio Grammy 202, coñecido pola serie de TV Malcolm in the Middle).

 

COLTAN

Publicado: 20/11/2009 15:28 por vgomez en VÍDEOS

 

O coltan non é un mineral propiamente dito, é unha mestura de  columbita [(Fe, Mn) Nb2O6], e tantalita [(Fe, Mn) Ta2O6]. É de cor gris metálico escuro, e é empregado na case totalidade de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, GPS, satélites artificiais, televisores de plasma, videoconsolas, armas teledirixidas, oredeadores portátiles, PDAs, MP3, MP4, ...

O principal productor de coltan é a República Democrática do Congo, con preto  do 80% das reservas mundiais, o que o fai un país no punto de mira para moitos paises e con moitos intereses creados na zona. A realidade é que no Congo estanse financiando loitas internas que provocaron e provocan miles de mortos. 

Neste vídeo-presentación terás unha información máis ampla sobre o coltan e a situación do Congo.

PROXECTO GENOGRÁFICO VI

Publicado: 02/10/2009 07:20 por vgomez en VÍDEOS

 

Rematamos co 6º capítulo, e último, do Proxecto Genográfico. Espero que che gustasen todos e cada un deles, que tratan de contestar a esas dúas preguntas fundamentais: De onde vimos realmente? Como chegamos a onde vivimos agora?

Se queres saber máis sobre este proxecto pincha en O PROXECTO GENOGRÁFICO

 

PROXECTO GENOGRÁFICO V

Publicado: 01/10/2009 10:34 por vgomez en VÍDEOS

 

Presentase hoxe o capítulo 5º do Genographic Project, dirixido por SPENCER WELLS (nacido en Georgia-EEUU o 6 de abril de 1969. Estudiou bioloxía na universidade de Texas, doctorouse en bioloxía na universidade de Harvard, fixo o postdoctorado en Stanford e como investigador residente na universidade de Oxford. En 2005 foi nomeado Explorador Residente de National Geographic.

Mañá o último capítulo.

 

PROXECTO GENOGRÁFICO IV

Publicado: 30/09/2009 09:00 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe o capítulo 4º do Proxecto Genográfico, que comenzou a súa andaina hai case oito anos, despois de que os traballos de Wells resultasen cruciais para determinar o importante papel do cromosoma masculino Y (os cromosomas sexuais femininos son XX e os masculinos XY) para reconstruír as migracións ancestrais do ser humano.

Maña o capítulo 5º.

PROXECTO GENOGRÁFICO III

Publicado: 29/09/2009 10:40 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe o capítulo 3º do Proxecto Genográfico (The Genographic Project), que se iniciou en abril del 2005 e consiste nun proxecto de investigación antropológico proxectado a cinco años, destinado a mapear as migracións humanas na historia.

Maña o capítulo 4º.

 

PROXECTO GENOGRÁFICO II

Publicado: 28/09/2009 08:15 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe podemos ver o capítulo 2º de MISTERIOS DO ADN. EN BUSCA DE ADÁN, do proxecto Genographic, dirixido por Spencer Well (xenetista americano de 40 anos).

Mañá o capítulo 3º.

PROXECTO GENOGRÁFICO

Publicado: 27/09/2009 13:05 por vgomez en VÍDEOS

 

Os estudios do ADN (ácido desoxirribonucleico, que é un tipo de ácido nucleico, unha macromolécula que forma parte de todas as celulas. Contén información xenética empregada no desenrolo e no funcionamento dos organismos vivos coñecidos e dalgúns virus, sendo o responsable da súa transmisión hereditaria) suxiren que todos os humanos da actualidade descenden dun grupo de ancestros africanos quen, hai aproximadamente 60.000 anos atrás, comenzaron unha viaxe extraordinario.

O Proxecto Genográfico busca rexistrar un novo coñecemento sobre a historia migratoria da especie humana usando unha avanzada análise de laboratorio e computadora do ADN ao cal contribúen centos de miles de personas de todo o mundo.

O proxecto é o resultado dunha colaboración entre  National Geographic Society, IBM e a fundación Waitt Family Foundation.

Este documental, estréase hoxe en España National Geographic Channel ás 21 horas. Para os que non podades velo iniciaremos hoxe unha serie de 6 capítulos.

Hoxe tes a posibilidade de ver o 1º capítulo : MISTERIOS DO ADN. EN BUSCA DE ADÁN.

En próximos días veremos os restantes capítulos.

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN III

Publicado: 09/06/2009 13:08 por vgomez en VÍDEOS

 

Para rematar, imos coa terceira parte. O dito, é preciso ver previamente os dous anteriores.

Espero que fose útil.

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN II

Publicado: 09/06/2009 13:06 por vgomez en VÍDEOS

 

Esta é a segunda parte. Por certo non tería sentido sen ver a primeira parte.

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN I

Publicado: 09/06/2009 12:57 por vgomez en VÍDEOS

 

Neste vídeo (que consta de tres partes enlazadas) podemos coñecer máis sobre AS ROCHAS (agregados naturais de minerais que se forman nun proceso natural).

Pero as rochas están formándose e transformándose continuamente mediante uns procesos xeolóxicos que ocorren tanto no interior coma na superficie da xeosfera.

Dependendo do proceso que as orixinou, distinguimos tres tipos de rochas: sedimentarias, metamórficas e magmáticas.

Espero que axude  á mellor comprensión do tratado en clase.

Imos co primeiro.

TERREMOTOS

Publicado: 05/06/2009 09:01 por vgomez en VÍDEOS

 

Os terremotos, tamen chamados sismos, son sacudidas bruscas de intensidade variable e, xeralmente, de curta duración.

As zonas terrestres con maior actividade sísmica localízanse nos bordos das placas.

Este vídeo pretende axudar a unha mellor comprensión do traballado en clase.

OS VOLCÁNS

Publicado: 03/06/2009 12:02 por vgomez en VÍDEOS

 

Os volcáns son orificios ou gretas polos que se expulsan ao exterior os materiasi fundidos procedentes do interior da xeosfera.

Os volcáns localízanse nos límites (bordos das placas) e no interior das placas tectónicas.

O presente vídeo pretende axudarche a completar o tratado en clase.

TECTÓNICA DE PLACAS

Publicado: 26/05/2009 11:27 por vgomez en VÍDEOS

 

A litosfera (capa máis externa da xeosfera, composta pola códia terrestre e a parte máis externa do manto) non é continua, senón que está fragmentada nuns anacos xigantescos que se chaman placas tectónicas ou placas litosféricas .

Estas placas están dispostas como as pezas sun crebacabezas. A maioría delas comprenden unha parte oceánica e outra continental. Outras só se estenden polos fondos oceánicos.

Neste vídeo podedes completar o tratado en clase sobre  as placas tectónicas, así como a súa evolución.

Espero que sexa útil!

A VISIÓN

Publicado: 19/05/2009 21:19 por vgomez en VÍDEOS

 

Estes días, dentro do tema da luz, estamos tratando un órgano moi importante: O OLLO.         O presente video pode servir de repaso sobre o apartado da visión.

Espero que sexa útil!

APOPHIS

Publicado: 01/05/2009 00:28 por vgomez en VÍDEOS

 

APHOPHIS é o nome grego do antigo deus exipcio Apep "o destructor", que habita na escuridade eterna do Duat (inframundo) e que cada noite intenta destruír ao So (o deus Ra).

Ese é o nome co que bautizou ao asteroide 99942, coñecido previamente como 2004 MN4, e que ten unha órbita próxima á da Terra.

Segundo os datos da NASA, Apophis pasará, moi preto da Terra en 2029 e 2036, concretamente o 13 de abril. Calquera variación na súa traxectoria (por exemplo unha colisión con outro asteroide) podería encamiñalo definitivamente cara ao noso planeta, onde produciría un efecto superior ao de 40000 bombas atómicas.

Esto non é o guión dunha película, é unha posibilidade real e a NASA así o está considerando.

No seguinte vídeo podedes profundizar sobre esta realidade.

O PETRÓLEO

Publicado: 23/03/2009 09:13 por vgomez en VÍDEOS

 

Dentro das fontes de enerxía non renovables atopamos o PETRÓLEO, o ouro negro do que tanto dependemos. O vídeo de hoxe pretende profunzidar nel.

 

BIOMASA

Publicado: 20/03/2009 12:07 por vgomez en VÍDEOS

 

Outra das fontes de enerxía renovable é a denominada BIOMASA. Ten moito futuro e solventa moitos problemas no entorno cunha aplicación para a obtención de enerxía eléctrica e auga quente. Este vídeo pretende que profundicedes sobre ela.

 

 

ENERXÍA NUCLEAR

Publicado: 17/03/2009 00:00 por vgomez en VÍDEOS

 

Continuamos coas fontes de enerxía. Neste caso tócalle a ENERXÍA NUCLEAR, sempre cuestionada polos perigos que hai ao seu redor. É unha fonte de enerxía non renovable.

 Espero que sexa útil para clarificar as ideas sobre este tema.

ENERXÍA EÓLICA

Publicado: 13/03/2009 17:14 por vgomez en VÍDEOS

 

Estes días estivemos tratando en clase os tipos de enerxías. Iniciamos hoxe unha serie de vídeos que pretender completar, dun xeito máis agradable, este tema.

Hoxe tócalle á enerxía do vento: ENERXÍA EÓLICA.

A ORIXE DA AUGA

Publicado: 04/03/2009 14:01 por vgomez en VÍDEOS

 

Estes días estamos tratando, en clase, o tema da Hidrosfera. A cantidade de auga da hidrosfera estímase aproximadamente nun 1 400 millóns de km3 (lembrade que un m3 son 1000 litros), pero está repartida de forma moi desigual, aparece en diferentes estados e ten distintos graos de pureza. Pero, de onde saíu a auga? Cal é a súa orixe?.

Este vídeo pretende dar contestación a esta pregunta. Espero que resolva as vosas dúbidas.

EFECTO INVERNADOIRO E QUENTAMENTO GLOBAL

Publicado: 07/02/2009 10:59 por vgomez en VÍDEOS

 

A atmosfera terrestre actúa beneficiosamente nun proceso de regulación da temperatura gracias ao efecto invernadoiro, pois compórtase igual que os cristais ou plásticos dun invernadoiro, é dicir, deixa pasar as radiacións solares que quenta a superficie, pero impide a saída dunha gran parte das radiacións infravermellas que a superficie quente devolve; así mantén a calor.

Este fenómeno débese, sobre todo, ao CO2 e ao vapor de auga. Grazas a sete efecto gozamos dunha temperatura media de 15ºC. Pero as cantidades de CO2 levan aumentando  nas últimas décadas dunha forma alarmante, polo que o quentamento global é unha realidade. Hai unha relación directa entre o aumento de CO2 na atmosfera e o aumento da temperatura.

Neste vídeo producido por Omnifile, faise un repaso a este proceso e demándase unha serie de actuacións, nas que todos podemos aportar un gran de area para tratar de que non vaia a máis.

HUBBLE

Publicado: 20/01/2009 11:38 por vgomez en VÍDEOS

Xa comentamos que este ano 2009 celébrase o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA. Dende aquí celebramos, coas nosas humildes posibilidades, este evento.

Hoxe imos facelo mediante un vídeo onde se pon de de manifesto a importancia do telescopio Hubble na investigación do Universo.

O Hubble é un proxecto espacial da NASA e ESA, posto en órbita o 24 de abril de 1990, que orbita a unha altura de 593 km sobre o nivel do mar.

Se queres coñecer o seu funcionamento e os seus logros pincha no vídeo.

 

Hoxe 10 de decembro celébrase o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos (1948-2008). O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Neste vídeo realizado polo Departamento de Ciencias Sociais do IES Juan José Gómez Quintana de Suances (Cantabria), faise un repaso dos motivos desta Declaración, asÍ coma do seu contido.

Loita polos Deieitos Humanos ¡Aínda hai moito por facer!

A TERRA, O NOSO PLANETA

Publicado: 31/10/2008 01:12 por vgomez en VÍDEOS

 

Con este vídeo preténdese dar unha visión xeral do noso planeta, como complemento visual do tema que estamos a tratar.

¡Espero que vos guste!

A LÚA

Publicado: 20/10/2008 10:12 por vgomez en VÍDEOS

 

Nos últimos tempos estamos a ver unha gran información e investigación sobre planetas do noso entorno: Marte, Venus, ... e parece que o único satélite natural da Terra, o único corpo do sistema solar que podemos ver con detalle a simple vista ou cuns instrumentos sinxelos, deixa de ter importancia.

A Lúa ten e supoño que non curto período de tempo terá un papel decisivo como lugar estratéxico nas misións de investigacións espaciais, complemento da EEI (Estación Espacial Internacional).

Hoxe pretendemos coñecer polo miúdo este, mellor dito o noso, satélite: A LÚA.

A Lúa reflicte a luz solar de maniera diferente segundo onde se atope. Xira ao redor da Terra e sobre o seu eixe no mesmo tempo: 27 días, 7 horas e 43 segundos. Esto fai que sempre vexamos a súa mesma cara.Non ten atmosfera nin auga, por eso a súa superficie nunca cambia co tempo, salvo polo impacto ocasional dalgún meteorito.O 20 de xullo de 1969, Neil Armstrong convertíuse no primeiro home que a pisaba, formando parte da misión Apolo XI.

Algúns datos:

Datos sobre A LúaA Terra
Tamaño: radio ecuatorial1.737 km.6.378 km.
Distancia media á Terra384.403 km.---
Día: periodo de rotación sobre o seu eixe27,32 días23,93 horas
Órbita ao redor da Terra27,32 días---
Temperatura media superficial (día)107 º C15 º C
Temperatura media superficial (noite)-153 º C
Gravidade superficial no ecuador1,62 m/s29,78 m/s2

No seguinte VÍDEO terás outros datos e imaxes complementarias para ter unha información básica do noso satélite.

AURORAS BOREAIS

Publicado: 12/10/2008 11:50 por vgomez en VÍDEOS

A auroras boreales ou Luces no Norte son fenómenos luminosos caracterizados por tipos de velos extremadamente coloreados no ceo nocturno producidos pola interacción do vento solar (débil corrente de gas é partículas cargadas enerxéticamente, na súa maior parte protóns e electróns, que flúen dende o Sol, cunha velocidade de 350 km/s), o campo magnético terrestre e a parte superior da atmosfera.

Un efecto similar ten lugar no hemisferio sur onde se coñece co nome de Aurora Austral.

As auroras principalmente prodúcense nas rexións próximas aos polos magnéticos. Neste vídeo tes imáxenes sorprendentes sobre este tema.

GALAXIAS

Publicado: 09/10/2008 02:50 por vgomez en VÍDEOS

Neste vídeo de 4:02 minutos de duración podes disfrutar vendo imaxes de galaxias dunha forma relaxada e cunha música agradable de fondo. Así que acende os altofalantes e a disfrutar.

¡Unha imaxe vale máis que mil palabras!

BURACOS NEGROS

Publicado: 05/10/2008 22:56 por vgomez en VÍDEOS

Un buraco negro é unha rexión do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior, cunha gran densidade, o que provoca un campo gravitatorio tan grande que ningunha partícula, nin a  enerxía, por exemplo a luz, pode escapar. 

Hai 15 día un dos maiores experos en buracos negros Stephen William Hawking, estivo en Santiago de Compostela dando unha conferencia sobre este tema e recollendo un premio.

 

 

A ORIXE DO UNIVERSO

Publicado: 02/10/2008 23:34 por vgomez en VÍDEOS

Nestes días estamos a tratar nas clases de 1º ESO o tema DA ORIXE DO UNIVERSO.

Os científicos intentan explicar a súa orixe con diversas teorías. As máis aceptadas son a do Big Bang ou a da gran explosión e a teoría Inflacionaria de Alan Guth.

Iniciamos hoxe unha sección nova VÍDEOS,  cun sobre a primeira teoría: a do Big Bang. Ninguen mellor que Carl Sagan (físico e presentado de TV de temas astronómicos morto en 1996) para narralo.

Competase o vídeo cunha viaxe na historia da evolución e da vida na Terra. Un resumo real da materia deste curso.

Espero que esta sección nova suscite o voso interese.