Facebook Twitter Google +1     Admin

O DIÓXIDO DE CARBONO

20071110101115-1194649203-extras-portadilla-0.jpg

O dióxido de carbono (CO2) é, sen dúbida o gas máis nomeado neste século XXI, e non precisamente para ben. Esta molécula presente na respiración dos seres vivos na Terra, convertíuse no principal inimigo público das últimas décadas. A razón está na capacidade de absorber e reter a calor na atmosfera, ao igual que o fan o resto dos chamados gases de efecto invernadoiro: metano (CH4), óxido nitroso (N20), perfluorocarbonos (PFC), hidrofluorocarbonos (HFC) e hexafluoro de sulfuro (SF6). Todos eles potencian o efecto invernadoiro natural e son os culpables do quentamento global.

Pero, ¿canto aportamos nós de CO2 na vida diaria? Para obter resposta, no seguinte enlace tes unha calculadora, na que constestando a un sinxelo cuestionario, darache ese dato: A PEGADA DO CARBONO.

Gráficos | elmundo.es



11/11/2007 10:38. vgomez #. ZONA VERDE

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.